A Tríptica

Van fer residència del 2 al 14 de febrer del 2026
 

A Tríptica é unha compañía multidisciplinar formada por tres novas creadoras: Gema, Noa e Diana.
Fundamos a compañía co desexo de crear o teatro que queremos ver: comprometido, visualmente innovador e cunha linguaxe propia.
Con esta visión, en A Tríptica buscamos xerar unha conexión profunda co público, abordando cuestións sociais e persoais dende unha escena arriscada, poética e contemporánea. O noso enfoque experimental aposta por obras que invitan á reflexión e á acción colectiva, cun equipo formado integramente por mulleres.
Facemos teatro como quen traballa a terra: con entrega, coas mans, coa memoria.
A nosa identidade inspírase na forza das flores que nos representan:
o caravel, pola paixón e a loita;
o fiuncho, pola raíz fonda e a sabedoría popular;
a sempreviva, pola resistencia e a memoria.
Flor a flor, raíz a raíz, facemos do teatro territorio.

Proyecto:
O que xermola no lume (Lo que germina en el fuego)
Dúas semanas de residencia con mostra aberta e coloquio

Gema González, Diana Longa  i Noa Iriarte
Vigo, Galicia

Contacte: https://atripticateatro.com/

"A experiencia inmersiva no pobo e o espazo de traballo permitíronnos afondar e avanzar notablemente.
So temos boas palabras para La Casa del Teatre Nu e a xente que o conforma. Xente moi profesional, humana e acolledora. Todo o mundo está moi atento a que a estancia sexa o máis cómoda e productiva posible. Unha experiencia inesquecible."